A XUNTA OPTIMIZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS INTERURBANO NO CONCELLO DE OUTES, INCORPORANDO PARADAS EN TARÁS E SAN LOURENZO

A liña XG630009 A Picota – Pino do Val – Viladomonte – Noia E.A. contará coas paradas Barreira e Tarás e a liña XG630011 Pino do Val – Noia E.A contemplará paso polas paradas Famelga e S.Lorenzo-Carreira.

Estas modificacións non afectarán aos tempos establecidos, preservando así a organización dos traxectos das persoas usuarias.

Con esta modificación, a Xunta de Galicia dá resposta ás demandas do concello de Outes, que propuña unha serie de cambios para optimizar os servizos para os veciños do municipio, concretamente para o colectivo estudantil que se despraza dende San Lourenzo e dende Tarás cara o seu centro de ensino.

A información relativa a estes servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.