Xente Nova en MoBT

60 viaxes gratis ao mes. Sen ir a ningún caixeiro. Sen papeleo.

Se tes a tarxeta Xente Nova, MoBT podes aplicar o teu desconto. Viaxas gratis ata a viaxe 60 de cada mes, e se necesitas máis, segues usando o mesmo QR ao prezo MoBT.

En moitos casos xa está activo sen que fixeses nada. Só tes que:

  • Rexistrarte en MoBT co teu NIF/NIE exactamente igual que na túa tarxeta Xente Nova, se aínda non o fixeches.
  • Xerar QR na pantalla T&R e esperar polo menos unha hora para que se sincronicen os descontos, se aínda non o fixeches.
  • Abrir a app → perfil → comprobar que aparece o desconto Xente Nova.

Se xa tiñas a tarxeta Xente Nova antes do 06/08/2026 e o teu NIF/NIE está en regra, o máis probable é que xa o teñas activo en canto te rexistres e sigas os pasos indicados.

Sen problema. Escríbenos a cau-mobt@xunta.gal con:

  1. Foto do teu NIF/NIE polas dúas caras.
  2. Foto da túa tarxeta Xente Nova polas dúas caras.

Avisámoste por notificación en canto o teñamos listo. Podes verificalo despois no teu perfil da app.

MoBT necesita que teñas un saldo mínimo para funcionar. Son só dúas condicións:

  • Unha primeira recarga para activar o teu QR. Pode ser de só 1 €.
  • Manter sempre máis de 0,55 € na túa conta para que o QR sexa válido.

Ese saldo non se toca mentres non superes as 60 viaxes do mes.

Só nestes dous casos:

  • Se superas as 60 viaxes nun mes, a partir da viaxe 61 cóbrase ao prezo MoBT — pero podes seguir viaxando sen problema.
  • Se pagas a viaxe a alguén que vai contigo. MoBT permite pasar o teu QR ata 3 veces no mesmo autobús: o primeiro é gratuíto (co teu desconto), os seguintes cóbranse do teu saldo.

Con MoBT tes todo o da tarxeta e ademais:

  • Non tes que ir ao caixeiro para recargar saldo.
  • Se te quedas sen viaxes gratuítas, segues usando o mesmo QR ao prezo MoBT.
  • Podes pagar o billete de ata dous acompañantes desde o teu móbil.
  • Non necesitas ir a un caixeiro a que che devolvan diñeiro. Simplemente non pagas as viaxes.

Descarga MoBT, rexístrate e comproba que o teu desconto Xente Nova está activo. Se non o está, escríbenos e activámolo.

MoBT vén substituír á actual App de transporte público de Galicia, e, polo tanto, ao QR Xente Nova.

O QR Xente Nova requiría dispoñer da tarxeta Xente Nova e abonar 2€ (mínimo).

MoBT require manter o QR activo mediante unha recarga inicial de 1€ mínimo e manter un saldo de 0,55€ mínimo para poder mantelo activo.

Con MoBT podes:

  • Seguir viaxando co teu QR se superas as 60 viaxes nun mes, sempre que o teu saldo sexa igual ou superior a 0,55€
  • Pagar a un acompañante, sempre que o teu saldo sexa suficiente para pagar o seu billete.
  • Ver en tempo real onde se atopa o autobús que esperas.
  • Elixir entre varias rutas alternativas para realizar a túa viaxe.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.