AVISO IMPORTANTE: REFORZO DOS SERVIZOS DURANTE AS FESTAS DA ARRIBADA EN BAIONA

A XUNTA REFORZA OS SERVIZOS DE AUTOBÚS DURANTE AS FESTAS DA ARRIBADA EN BAIONA

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforza os servizos de autobús durante as festas da Arribada en Baiona, declarada de Interés Turístico Internacional dende o ano 2015.

Este reforzo contará cun total de 42 expedicións, entre o sábado 2 e o domingo 3 de marzo, repartidas en dúas liñas:

Servizos Vigo – Nigrán – Baiona:

  • XG883014 Baiona – Ramallosa – Mallon – Nigran – Coruxo – Vigo E.I
    • Sábado 2 de marzo:
      • 12:30 – 13:30 – 14:00 – 14:30 – 17:30 – 18:30 – 19:30 – 20:30 – 21:30
    • Domingo 3 de marzo:
      • 11:30 – 12:00 – 12:30 – 13:30 – 14:00 – 14:30 – 17:30 – 18:00 – 18:30 – 19:30 – 20:30

Sevizos Baiona – Nigrán – Vigo:

  • XG883014 Baiona – Ramallosa – Mallon – Nigran – Coruxo – Vigo E.I
    • Sábado 2 de marzo:
      • 16:30 – 17:30 – 18:30 – 19:30 – 20:30 – 21:30
    • Domingo 3 de marzo:
      • 06:00 – 06:30 – 07:00 – 07:30 – 16:30 – 17:00 – 17:30 – 18:30 – 19:30 – 20:30
  • XG883071 Baiona (Porto) – Povisa
    • Sábado 2 de marzo:
      • 00:30 – 02:00 – 04:00
    • Domingo 3 de marzo
      • 00:30 – 02:00 – 04:00

O aumento dos servizos busca favorecer o uso do transporte público para os desprazamentos con motivo das festas, evitando a necesidade de coller o vehículo particular.

Nos novos servizos, como en todos os autobuses do Plan de Transporte Público de Galicia, os maiores de 65 anos poden viaxar de balde empregando a tarxeta TMG grazas á tarifa +65, igual que os menores de 21 anos coa Tarxeta Xente Nova. O resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.