Os sábados sae de Sada un servizo ás 07,30 horas e dúas expedicións de volta desde Entrexardíns, ás 08,30 horas e ás 22,00 horas.
Os domingos e festivos funcionan catro servizos que amplían o horario dos autobuses cara á Coruña, con saídas de Sada ás 08,30 horas e ás 21,00 horas, mentres de Entrexardíns saen ás 09,30 horas e ás 22,00 horas.
A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.