A XUNTA ACTIVA DESDE O MARTES 1 DE XULLO AS NOVAS TARIFAS DO TRANSPORTE INTERURBANO CUN DESCONTO DO 40%

O martes, día 1 de xullo, comezarán a aplicarse as novas tarifas no transporte interurbano que contemplan un desconto do 40%, en lugar do 50% que se viña aplicando ata o de agora, tras reducir o Goberno central a achega estatal. 

Desde o 1 de xullo, o Estado minora dun 30% a un 20% a súa parte do desconto do importe dos bonos mensuais e títulos multiviaxe que desde setembro de 2022 se financia de xeito compartido entre os gobernos estatal e autonómico.

Ademais do autobús autonómico, a Xunta seguirá aplicando a bonificación por pago con tarxeta TMG no transporte marítimo da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol, nas mesmas condicións para os usuarios que no autobús interurbano, asumindo integramente o desconto do 40% .

Toda a información relativa ás novas tarifas estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.