A XUNTA INFORMA DE VARIACIÓNS PUNTUAIS POLA PROBA DEPORTIVA O GRAN CAMIÑO DO 14 AO 18 DE ABRIL

A Xunta de Galicia informa ás persoas usuarias que debido á celebración da volta ciclista O Gran Camiño, os servizos de transporte público por estrada poden sufrir variacións puntuais de horario e de percorrido polo corte de estradas segundo a provincia pola que circulan:

  • Día 14 de abril: percorrido pola cidade da Coruña.
  • Día 15 de abril: percorrido pola provincia de Lugo.
  • Día 16 de abril: percorrido pola provincia da Coruña.
  • Día 17 de abril: percorrido pola provincia de Ourense.
  • Día 18 de abril: percorrido pola provincia de Pontevedra.

Pode consultarse o horario e o percorrido das probas na web https://ograncamino.gal/?lang=gl

A Xunta de Galicia, en colaboración coas empresas concesionarias do servizo, está traballando no establecemento de rutas alternativas para a prestación dos servizos.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.