A XUNTA ACTIVARÁ CATRO SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE RAIRIZ DE VEIGA E XINZO DE LIMIA POLA ROMARÍA DA SAÍNZA

A Xunta activará catro servizos directos de autobús entre Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia con motivo da celebración da Romaría da Saínza.

Os servizos, correspondentes á liña XG611062 Xinzo de Limia E.A. – A Saínza, estarán operativos desde a tarde do venres 25 de setembro ata a madrugada do luns 28 de setembro.

Durante o venres, sábado e domingo prestaranse dous servizos de ida, en sentido Xinzo de Limia-Rairiz de Veiga, con saídas ás 21.00 e ás 23.00 horas.

Pola súa banda, o sábado, domingo e luns estarán operativos dous servizos de volta, con saída desde A Saínza ás 02.30 e ás 03.30 horas.

Toda a información dos servizos estará dispoñible para a súa consulta nos portais web bus.gal e mobt.gal, así como nas aplicacións para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia e MoBT. Así mesmo, permanece dispoñible o teléfono gratuíto 981 546 100 para a atención á cidadanía.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.