A XUNTA INFORMA DE ALTERACIÓNS PUNTUAIS NOS SERVIZOS DE AUTOBÚS POR DIVERSOS EVENTOS NA PROVINCIA DE OURENSE

Con motivo da celebración de distintos eventos, poderán producirse as seguintes alteracións nos servizos de autobús:

  • Ourense – Festas do barrio de San Francisco: os días 2, 3 e 4 de outubro poderán producirse modificacións nos itinerarios e nas horas de paso dos servizos que circulen polo barrio de San Francisco e as súas proximidades.
  • Ourense – Carreira da Garda Civil: o 4 de outubro, a partir das 11:00 horas e ata a finalización do evento, poderán producirse modificacións nos servizos que circulen pola cidade. Nalgúns casos, poderán suspenderse temporalmente determinados servizos cando non sexa posible establecer un percorrido alternativo.
  • Lobios – Celebración de rally: os días 2 e 3 de outubro produciranse modificacións puntuais nos itinerarios das liñas que circulen polo concello.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.