O luns 9 de novembro de 2026 entrará en funcionamento unha nova liña de autobús entre Outes e Noia. O servizo facilitará os desprazamentos do alumnado aos centros de ensino de Noia e funcionará de luns a venres durante a tempada lectiva.
Os horarios serán os seguintes:
- Outes – Noia: saída de Ao Porto (cruzamento), na zona do Freixo, ás 7.55 h e chegada á estación de autobuses de Noia ás 8.15 h.
- Noia – Outes: saída da estación de autobuses de Noia ás 14.40 h de martes a venres. Os luns, a saída será ás 19.05 h.
O percorrido incluirá paradas no Freixo, Siavo, Catasueiro, Bendimón, O Cruceiro de Roo e Viro II.