A XUNTA INFORMA DE CAMBIOS NA CONEXIÓN DE PRIMEIRA HORA ENTRE SANTIAGO, PADRÓN E RIBEIRA

A partir do luns 23 de novembro, en tempada lectiva, o autobús de Santiago a Ribeira adiantará a saída da estación intermodal das 8.15 ás 8.00 h. Parará no Hospital Clínico e no Milladoiro e chegará á estación de autobuses de Padrón ás 8.40 h.


O autobús circulará por estrada convencional ata a Ponte de Té (Rianxo) e continuará por Boiro e A Pobra do Caramiñal ata Ribeira.


As paradas e os horarios de paso estarán dispoñibles para a súa consulta en bus.gal e en MobT.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.