60 viaxes gratis ao mes. Sen ir a ningún caixeiro. Sen papeleo.
Se ten a tarifa +65, pode aplicar o seu desconto en MoBT. Viaxa gratis ata a viaxe 60 de cada mes e, se necesita máis, segue usando o mesmo código QR ao prezo MoBT.
MoBT sen complicacións: guía para usuarios da tarxeta +65
Nesta guía atopará, paso a paso, a información que necesita para comezar a usar o seu desconto +65 desde o móbil.
Guía para usuarios da tarifa +65
Como activo o meu desconto +65?
En moitos casos xa está activo sen que teña que facer nada. Só ten que seguir estes pasos:
- Rexistrarse en MoBT co seu NIF/NIE, escrito exactamente igual que figura na súa tarifa +65 (se aínda non o fixo).
- Xerar o código QR na pantalla T&R da app e agardar polo menos unha hora para que se carguen os descontos (se aínda non o fixo). O código QR é o cadro que aparece na pantalla do móbil e que se achega á máquina validadora ao subir ao autobús.
- Abrir a app, entrar no seu perfil e comprobar que aparece o desconto +65.

Se xa tiña a tarxeta +65 antes do 06/08/2026 e o seu NIF/NIE está en regra, o máis probable é que o desconto apareza activo en canto se rexistre e siga estes pasos.
Non lle aparece o desconto?
Non se preocupe. Escríbanos a cau-mobt@xunta.gal e envíenos:
- Unha foto do seu NIF/NIE polas dúas caras.
- Unha foto da súa tarxeta TMG polas dúas caras.
Recibirá unha notificación no móbil en canto estea listo. Despois pode comprobalo no seu perfil da app. Se prefire falar con alguén, tamén pode chamar ao 981 546 100.
Por que necesito ter saldo se viaxo gratis?
Para que MoBT funcione, a súa conta debe ter un saldo mínimo. Só hai dúas condicións:
- Unha primeira recarga para activar o seu código QR. Abonda con 1 €.
- Manter sempre máis de 0,55 € na súa conta para que o código QR sexa válido.
Ese saldo non se gasta mentres non supere as 60 viaxes do mes.
Cando se desconta saldo?
Só nestes dous casos:
- Se supera as 60 viaxes nun mes: a partir da viaxe 61 cóbrase ao prezo MoBT, pero pode seguir viaxando sen ningún problema.
- Se lle paga a viaxe a alguén que vai con vostede: MoBT permite pasar o seu código QR ata 3 veces no mesmo autobús. A primeira viaxe é gratuíta (co seu desconto +65) e as seguintes cóbranse do seu saldo.
Que vantaxes ten MoBT fronte á tarxeta TMG física?
Con MoBT ten todo o que lle ofrece a tarxeta e, ademais:
- Non ten que ir ao caixeiro para recargar saldo.
- Se se queda sen viaxes gratuítas, segue usando o mesmo código QR ao prezo MoBT.
- Pode pagar desde o seu móbil o billete de ata dous acompañantes.
- Non ten que ir a ningún caixeiro para que lle devolvan diñeiro: simplemente, non paga as viaxes.
- Pode ver en tempo real onde está o autobús que espera.
- Pode elixir entre varias rutas alternativas para facer a súa viaxe.
Descargue MoBT, rexístrese e comprobe que o seu desconto +65 está activo. Se non o está, escríbanos e activámolo.