A XUNTA ADAPTA O ITINERARIO DUNHA LIÑA DE AUTOBÚS ENTRE LOUSAME E NOIA

A Xunta adapta desde o próximo luns, día 21, o itinerario da liña  XG630027 entre Lousame e Noia para optimizar os servizos que empregan os estudantes do instituto.

A liña Cruce Cerquides-Noia E.A. incorpora unha parada no lugar de Saramagoso que pasará a ser a cabeceira da liña e a parada no lugar de Silvarredonda, que se prestaba baixo demanda, pasa a ser fixa.

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.