A XUNTA AMPLÍA UNHA LIÑA DE AUTOBÚS DO IES EDUARDO PONDAL DE PONTECESO CON 16 PARADAS EN MALPICA DE BERGANTIÑOS

Actívase desde o vindeiro luns, 13 de xaneiro, a ampliación dunha liña de autobús do IES Eduardo Pondal de Ponteceso que incorpora 16 paradas en Malpica de Bergantiños coa prolongación da liña que conectaba o instituto co lugar de Cores, en Ponteceso, ata a parada das Rabuceiras, na parroquia malpicá de Leiloio, e facilítase o acceso en transporte público ao alumnado de Malpica de Bergantiños que estuda as ensinanzas non obrigatorias que se imparten no centro.

En concreto, a liña realizará no municipio as paradas de: As Rabuceiras, A Trémoa, Cambre (igrexa), Loutoño, A Aldeola, Cerqueda, Vilarnovo, A Camuza, Malpica, Ventorrillo, Cancela de Areas, Seaia, Cruce Santo Adrián, Barizo, Porto do Fondo e Mens.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal e na aplicación para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.