A XUNTA AXUSTA OS HORARIOS DE SERVIZOS DE AUTOBÚS ENTRE A CORUÑA E ARTEIXO Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ

A Xunta axusta desde o próximo luns, día 14, os horarios de dous servizos de autobús entre A Coruña e Arteixo.

En concreto, o autobús da liña XG848015 Entrexardíns-Arteixo que sae ás 08:50 horas atrásase ás 09:10 horas e o servizo das 09:50 horas da mesma liña adiántase ás 09:35 horas.

Este último cambio responde á posibilidade de optimizar os horarios de dúas expedicións que tiñan saída simultánea ás 09:50 horas, polo que o adianto dunha delas permite ampliar as opcións dispoñibles para os usuarios. 

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.