A XUNTA COMUNICA CAMBIOS NOS ITINERARIOS EN TUI POR MOR DAS OBRAS DO CONCELLO NA AVENIDA PORTUGAL DENDE O LUNS 5 DE FEBREIRO DE 2024.

Con motivo da realización de obras na Av. Portugal en Tui, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade informa de cambios nos percorridos e horarios de paso en liñas das concesións XG883, XG621, XG624 e XG859.

As obras levaranse a cabo dende o luns 5 de febreiro, e as paradas afectadas son Capón, Ponte Internacional, Rafi e Parador (concello de Tui)

Para máis información recoméndase a consulta nas páxinas web dos concesionarios afectados www.monbus.es e www.lugove.com

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.