A XUNTA HABILITARÁ SERVIZOS DE AUTOBÚS CON MOTIVO DA ROMARÍA DA SAÍNZA

Estes servizos, que estarán operativos nas noites do 20, 21 e 22 de setembro, conectarán Xinzo de Limia coa Saínza e contarán con dúas frecuencias para ambos os dous sentidos. Tratarase de servizos directos cunha duración estimada de 15 minutos.

Para a ida, disporase de dúas opcións de viaxe con saída da Estación de Autobuses de Xinzo de Limia ás 21:00 e 23:00 horas e, para a volta, disporase de dous servizos con saídas dende A Saínza ás 2:30 e 3:30 horas.

As persoas interesadas poderán consultar na plataforma habilitada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, mobt.xunta.gal a oferta de servizos actualizada para organizar os seus desprazamentos con maior facilidade.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.