A XUNTA INCORPORA DÚAS NOVAS PARADAS DE AUTOBÚS NO POLÍGONO DE BÉRTOA, EN CARBALLO

A Xunta incorpora desde o vindeiro luns, día 25 de maio, dúas novas paradas de autobús no polígono de Bértoa, en Carballo, en dúas liñas que conectan A Coruña e Fisterra.

  • XG848022 Coruña E.A.-Cabo Fisterra
  • XG848024 Coruña E.A.-Fisterra

As novas paradas localizaranse na rúa Volframio, á altura da rotonda que enlaza coas rúas do Ferro e do Cobre, e na rúa do Cobre, fronte ás oficinas da comunidade de propietarios do polígono industrial e comercial.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta no portal web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.