A XUNTA INCORPORA O PRÓXIMO LUNS DÚAS NOVAS PARADAS DE AUTOBÚS NA PARROQUIA DE SAN VICENTE DE VIGO, EN CARRAL, NUNHA LIÑA DO IES DAVID BUJÁN DE CAMBRE

Estas dúas paradas inclúense en tres servizos do IES: un servizo cara o IES  ás 07,35 horas de Tabeaio e no sentido de volta ás 14,00 horas desde o CIFP Universidade Laboral e os luns pola tarde ás 18,00 horas.

Como consecuencia da ampliación do percorrido, o horario do servizo da mañá cara  Cambre e Culleredo axústase ao incremento de duración total da liña, para manter as horas de chegada aos destinos dos usuarios.

Así, o servizo da primeira hora da mañá sairá de Tabeaio ás 07,35 horas de luns a venres. Mentres, os servizos de regreso seguirán saíndo do CIFP Universidade Laboral ás 14,00 horas de luns a venres e ás 18,00 os luns. Ademais, para manter a operativa do servizo, a saída do primeiro autobús do día desde Culleredo adiántase ás 06,40 horas.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.