A XUNTA INCORPORA UNHA NOVA PARADA DE AUTOBÚS NO LUGAR DA PIROGA, EN VIMIANZO, EN SETE LIÑAS QUE CONECTAN COA CORUÑA E SANTIAGO

A Xunta incorpora desde o próximo martes, día 13, unha nova parada de autobús no lugar da Piroga, en Vimianzo, en sete liñas que conectan coa Coruña e Santiago de Compostela.

  • XG811010 Camariñas-Santiago E.I.
  • XG811011 Vimianzo-Santiago E.I.
  • XG848011 Entrexardíns-Fisterra
  • XG848016 A Coruña E.A.-Ronda de Outeiro-Vimianzo-Muxía
  • XG848021 A Coruña E.A.-Vimianzo-Muxía
  • XG848022 A Coruña E.A.-Cabo Fisterra
  • XG848024 A Coruña E.A.-Fisterra

A nova parada atópase na estrada AC-552 ao seu paso polo núcleo da Piroga, concretamente nas seguintes coordenadas (43.1485, -8.9672).

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web mobt.xunta.gal.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.