A XUNTA INFORMA DE NOVOS SERVIZOS DIRECTOS POR AUTOESTRADA ENTRE BETANZOS E A CIDADE DA CORUÑA

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha dous servizos directos de autobús por autoestrada entre Betanzos e A Coruña, co obxectivo de ampliar a oferta de transporte público nas horas punta e mellorar a conexión entre ambas as localidades.


Sentido Betanzos-A Coruña
O servizo con saída ás 7.00 horas de Betanzos (praza) e chegada ao Teatro Colón ás 7.45 horas substitúese por un novo servizo directo ata a avenida de Alfonso Molina, á altura da antiga estación de autobuses.

A nova saída establécese ás 6.50 horas desde a mesma parada de Betanzos, situada na praza dos Irmáns García Naveira, con chegada prevista ás 7.20 horas á Coruña.

Este servizo prestarase de luns a venres laborables durante todo o ano.


Sentido A Coruña-Betanzos
Créase un novo servizo directo por autoestrada, con saída ás 15.30 horas desde a parada da avenida de Alfonso Molina e chegada ás 16.00 horas a Betanzos (praza).

Este servizo funcionará de luns a venres laborables durante a tempada lectiva.

As persoas usuarias poden consultar os horarios e percorridos nos portais web https://www.bus.gal/gl e https://mobt.xunta.gal/gl/, así como nas aplicacións para dispositivos móbiles Transporte Público de Galicia e MoBT. Do mesmo xeito, permanece dispoñible o teléfono gratuíto 981 546 100 para a atención á cidadanía. 

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.