A XUNTA INFORMA DE POSIBLES ALTERACIÓNS NOS SERVIZOS DE AUTOBÚS POLA CELEBRACIÓN DE DIVERSOS EVENTOS NA PROVINCIA DE OURENSE

Con motivo da celebración de diversos eventos na provincia de Ourense durante a fin de semana do 6 ao 8 de novembro, os servizos de autobús interurbano poderán sufrir modificacións puntuais nos seus percorridos e horarios.

As principais afeccións previstas son as seguintes:

  • Rally Ourense Ribeira Sacra (6 e 7 de novembro): a celebración desta proba automobilística en diferentes concellos da provincia poderá ocasionar alteracións puntuais nos servizos de autobús que circulen polas vías afectadas.

  • Carreira Popular San Martiño (8 de novembro): con motivo desta proba deportiva, que terá lugar durante a mañá do domingo na cidade de Ourense, os servizos de autobús interurbano poderán experimentar modificacións nos seus itinerarios e horarios de paso. En todo caso, a parada da Estación Intermodal de Ourense manterase operativa, adaptándose os accesos cando resulte necesario.

Recoméndase ás persoas usuarias que teñan en conta estas posibles alteracións á hora de planificar os seus desprazamentos.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.