AVISO IMPORTANTE: A NOVA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DA INTERMODAL DA CORUÑA ENTRARÁ EN FUNCIONAMENTO O 3 DE NOVEMBRO

A Xunta porá en funcionamento a nova terminal de autobuses da estación intermodal da Coruña o vindeiro martes 3 de novembro.

A partir desa data, todos os servizos de autobús interurbano trasladaranse á nova estación.

Os novos itinerarios dos servizos detállanse na presentación que se pode descargar neste enlace.

Para facilitar a planificación das viaxes, xa están dispoñibles para a súa consulta os horarios dos servizos do Transporte Publico de Galicia na Estación Intermodal da Coruña a partir do día da apertura.

As persoas usuarias poden consultar estes horarios buscador da páxina web bus.gal, seleccionando a parada A Coruña E.I.

MoBT
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.